HomesociedadeValidación da colleita na D.O. Ribeira Sacra, información e prazos para viticultores

Validación da colleita na D.O. Ribeira Sacra, información e prazos para viticultores

Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra agradécese a colaboración neste tipo de trámites que teñen como principal obxectivo comprobar a orixe e a calidade dos produtos para poder certificalos coas máximas garantías para o consumidor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra comunicou oficialmente a validación da colleita 2022 aos viticultores que entregaron uva a adegas da D.O. Ribeira Sacra.

A validación da colleita remitiuse por correo electrónico e/ou correo postal ao domicilio de cada viticultor rexistrado. Con todo, en caso de non recibila poderán reclamala nas oficinas do Consello Regulador. Dispoñerase ata o 18 de novembro para formular alegacións á información enviada.

Esta información remíteselle en atención ó recollido na disposición adicional cuarta da orde do 22 de setembro de 2021 pola que se modifican anexos, prazos e normas procedementais do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia, e á cláusula segunda do convenio subscrito entre o FOGGA, a AGACAL e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

O viticultor que previamente autorizou ao Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra a presentar no seu nome a declaración de colleita da uva amparada na Denominación de Orixe Ribeira Sacra ante o FOGGA, se pasado o 18.11.2022 non comunicou a súa desconformidade cos datos remitidos, entenderase que mostra a súa conformidade cos mesmos, autorizando a que este Consello Regulador os presente como declaración de colleita no seu nome.

No caso de non dar consentimento ao Consello Regulador para presentar a declaración no seu nome, o viticultor está obrigado a presentala nos prazos que marca a lei.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...