HomeEconomíaDaveiga estrea novas instalacións no polígono dos Acivros e pode triplicar a...

Daveiga estrea novas instalacións no polígono dos Acivros e pode triplicar a produción

Dende mediados de 2019, Daveiga conta cunha quenda de noite para atender o crecemento de pedidos destes últimos anos, "esta era unha situación temporal á que lle tiñamos que dar resposta cunha ampliación da capacidade de produción", aseguran desde Daveiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As novas instalacións de Daveiga están situadas nunha parcela de 12.000 m2, dispoñen de 5.000 m2 de superficie construida con 1.800 m2 de obrador.

Desde Daveiga aseguran que esta nova nave responde a tres obxectivos, ampliar a capacidade de produción, reforzar a misión como proxecto empresarial de economía social e comprometido co territorio e reforzar a identidade corporativa e comercial.

No primeiro caso explican, “Entendémolo como un proxecto a L/P que nos vai permitir triplicar a capacidade de produción actual, tendo en conta que imos manter as instalacións actuais. As novas instalacións permítennos pasar dunha capacidade de produción de 5.000 kg de galleta diarios (capacidade de 2 quendas nas instalacións actuais) a unha capacidade de 15.000kg de galleta diarios (incluíndo as novas instalacións).”

No obxectivo de reforzar a súa misión de economía social comprometida co territorio destacan, “Primamos a redistribución e xeración de valor engadido no territorio apostando por empresas da contorna para a súa construción, convencidos de que isto se vería compensado coa implicación e compromiso das empresas finalmente contratadas, como así foi e outras empresas que participaron nas diferentes etapas do proxecto. Estamos convencidos de que para todas as empresas, a singularidade e calidade desta obra, vai contribuír a progresión do seu negocio. Isto é un exemplo de contribución e desenvolvemento local, axudar a que outras empresas medren tamén!Por outra banda tamén tiñamos claro, que a aposta por empresas locais, era o único xeito de redistribuír o valor engadido no territorio, unha aposta clara de Daveiga dende os seus inicios.”

Daveiga nova nave Os Acivros / Daveiga

Tamén dentro deste obxectivo aseguran que as instalacións están pensadas e centradas nas persoas, primando a confortabilidade e o benestar das persoas que as utilizan (deseño agradable, luz natural, espazos amplos, servizos de calidade, etc.). Tamén permiten mellorar a conciliación persoal e familiar dos traballadores ao poder organizar a produción actual nunha quenda con xornada continua de mañá.

O proxecto apoiase tamén na utilización e optimización de enerxías renovables, utilización de enerxías fósiles menos contaminantes (GLN), aproveitamento da auga da choiva para actividades non produtivas, aproveitamento da luz natural, utilización de materiais cunha alta reciclabilidade, integración paisaxística, etc.

Por último, desde Daveiga confían en que todas estas medidas reforcen a súa identidade corporativa e comercial, “trasladando unha imaxe máis moderna e atractiva de Daveiga, o que redundará nunha mellora da imaxe comercial do proxecto.”

ÚLTIMAS

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...