HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra comeza novembro de promoción

A D.O. Ribeira Sacra comeza novembro de promoción

O 9 de novembro a D.O. Ribeira Sacra estará en Amsterdam no I Salón de Viños e Augardentes Galegos e do 9 ao 13 en Xantar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 9 ao 13 de novembro, Expourense acolle a 22 edición de Xantar, referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal que atrae tamén a participantes internacionais, fundamentalmente desde Iberoamérica.

A D.O. Ribeira Sacra terá o seu Túnel do Viño onde estarán representados 20 viños de 11 adegas: Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U., Bodegas Petrón S.L., Val de Quiroga S.L., Pazo de la Cuesta S.L.U., Arias Fernández Tomás, Caneiro Núñez Carlos; Bodegas de Santa María de Nogueira S.L., D´Fan S.C., Pérez Pérez José Luis, Moure Fernández Rubén, Adega Ponte da Boga S.L.

Os viños da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes tamén nas seguintes actividades:

  • Día 9 de 13.00 a 14.00 h.: Taller: “Experiencias de Calidade de Galicia”. Degustación de produtos con indicativo de calidade: Lacón Galego I.X.P, Faba de Lourenzá I.X.P, Pataca de Galicia I.X.P. e Grelos de Galicia I.X.P. acompañado de viños D.O. Ribeira Sacra Tinto e D.O. Valdeorras branco.
  • Día 9 de 18.00 a 19.00 h.: Taller Gastronómico «Galicia sabe Amar: peixarías, a despensa da pesca artesanal» con Viños da D.O. Ribeira Sacra.
  • Día 9 de 18.30 a 19.30 h.: Showcooking e degustación. Taco Mex de Porco Celta á brasa con castañas, maridado con viño D.O. Ribeira Sacra.
  • Día 10 de 18.00 a 19.00 h.: Showcooking e degustación: Boi de Allariz e produtos da reserva da biosfera, maridado con viños D.O. Ribeira Sacra.
  • Día 10 de 19.15 a 20.15 h.: Cata comentada dos viños tintos premiados con «Acios de Ouro» nas Catas de Galicia 2022.
  • Día 11 de 19.15 a 20.15 h.: Cata comentada dos viños brancos premiados con «Acios de Ouro» nas Catas de Galicia 2022.
  • Día 12 de 18.00 a 19.00 h.: Taller Gastronómico «Galicia sabe Amar: peixarías, Berberecho de Noia». Colabora Confraría de San Bartolomé de Noia. Con viños D.Ou. Ribeira Sacra.
  • Día 13 de 14.00 a 15.00 h.: Showcooking degustación: Cociña para os viños da D.O. Ribeira Sacra.

Ademais o concello de Sober ofrece desgustacións dos viños de Amandi, subzona da D.O. Ribeira Sacra, os días 9 e 12, con Rosca de Sober e queixos de D.O. galegos.

E o 9 de novembro a D.O. Ribeira Sacra tamén estará en Amsterdam no I Salón de Viños e Augardentes Galegos que promove en Holanda a UEC, Unión Española de Catadores. A D.O. Ribeira Sacra acode co ACRUAGA, xunto cos 5 D.O. vitivinícolas de Galicia e Augardentes e Licores galegos.

Nesta primeira cita participan 16 adegas da D.O. Ribeira Sacra: Adegas Ponte da Boga S.L., Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U., Regina Viarum S.L., Tolo do Xisto S.L., Adegas e Viñedos Vía Romana S.L., Bodegas Petrón S.L., Finca Míllara Bodegas y Viñedos S.R.L., Rodríguez López Víctor Manuel, Ronsel do Sil S.L., Grupo Peago S.L., Moure Fernández Rubén, Régoa C.B., Arias Fernández Tomás, Fernández Rodríguez Carlos, Don Bernardino S.L., Alma das Donas S.L.U.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...