HomesociedadeA Xunta organiza en Monforte dous cursos de produción de carne e...

A Xunta organiza en Monforte dous cursos de produción de carne e manexo de gando

Os obradoiros desenvolveranse no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos o vindeiro mércores 16 de novembro, o primeiro, e o xoves 17 de novembro, o segundo, en horario de 10,00 a 14,15.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza esta formación, que ten como obxectivo é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para facer un bo uso da técnica do pastoreo co fin de que poidan abaratar os custes de produción nas súas explotacións, ao tempo que melloran a calidade dos seus produtos finais e acadan unha produción gandeira máis eficiente respectando o medio ambiente.

Os cursos están dirixidos á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina pode atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: “Imos descubrindo como os promotores e os concellos tentan enganarnos”

O colectivo Segredos de Pantón vén de entrevistar a Raquel Fernández. Esta activista, que...

Sober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o “gasto social e o investimento”

Desde o equipo de goberno asegúrase que os presupostos apostan pola igualdade, buscando a...

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...