HomesociedadeA Ribeira Sacra e Monforte protagonistas no Fórum Lugo 2022

A Ribeira Sacra e Monforte protagonistas no Fórum Lugo 2022

A Ribeira Sacra converteuse este venres no escenario de celebración da segunda xornada do VIII Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España - Fórum Lugo 2022, do que é anfitrioa a Deputación de Lugo tras resultar gañadora na edición anterior da Copa de España Creativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os finalistas e participantes deste encontro, chegados de diversos puntos da xeografía española, desprazáronse ata o Parador de Monforte, onde foron recibidos pola tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, para dar continuidade ao programa do Fórum que se celebra dende o xoves e ata este sábado pola noite, cando se coñecerá na capital da provincia, ao gañador do certame.

Fórum Lugo 2022 / Deputación Provincial

Durante a mañá deste venres celebrouse un foro no que participou a poetisa Olga Novo, o artista urbano Diego As, e o fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel. Así mesmo, os finalistas tiveron a oportunidade de defender as súas candidaturas ante os representantes do xurado experto. Pola tarde celebrouse no Museo do Viño un foro de debate con Uxío Novo, da Fundación Uxíonovoneyra; Elías Gundivós, de Artesanía Gundivós; Alexandra Seara, do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra; e Carolina Pereira, secretaria executiva do Ministerio das Culturas, Artes e Patrimonio do Goberno de Chile.

A maiores, os participantes puideron desfrutar dunha ruta en catamarán polos canóns do Sil e probar os caldos da Ribeira Sacra, dúas actividades que tiñan como obxectivo amosar aos participantes do Fórum Lugo 2022 a paisaxe e a cultura desta zona da provincia de Lugo.

Fórum Lugo 2022 / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...