Iniciosociedade“Todos din que é moita comida, pero cómena”, Mesón O Mosteiro e...

“Todos din que é moita comida, pero cómena”, Mesón O Mosteiro e os seus domingos de cocido

"Comezamos unha campaña dedicada ao cocido, se a xente vén o domingo ten cocido. O clima pídeo, estamos en época de matanza e con este frío quérese comer un bo prato moi potente. Ao principio esa sopa de cocido e despois toda esa comida, a verdura, a pataca, os garavanzos, todo… viño, pan, sobremesa e café. Todos din que é moito comida pero cómena", Juan Antonio Pérez, Mesón O Mosteiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Juan Antonio Pérez Vila chegou a Galicia no 2011 desde a República Dominicana porque tiña aquí a súa nai e irmás. No 2016 o seu destino foi o concello de Pantón para comezar a traballar horas extras no Mesón Os Castros. Desde hai 3 anos rexenta o seu propio negocio en Pantón, o Mesón O Mosteiro.

Como está a ser a adaptación a Galicia desde aquí, desde Pantón?

Co tempo adapteime non queda outro remedio. Hai que mentalizarse e adaptarse. Co paso do tempo creei unha familia; coa miña muller dominicana, temos dous nenos, unha señorita e un neno de dous anos. Gústanos o pobo e a vida aquí.

Desde que comezastes co Mesón ata o de agora estades contentos? Que foi o que máis che gustou e o que máis custou?

Sendo sincero, ao principio veunos o pau coa pandemia. Acababámolo de coller en outubro con poucos recursos e comezando cun crédito de banco, abrimos en outubro e en marzo mándannos pechar. Foi pau un moi forte. O mellor, no verán trabállase moi ben aquí. Estamos na praza e os sábados hai moitas actividades, vén moita xente máis os turistas e moi ben.

Mesón O Mosteiro

Agora que non estamos no verán, ofrecedes novidades para o cliente, domingos de cocido?

Si, comezamos unha campaña dedicada ao cocido, se a xente vén o domingo ten cocido. O clima pídeo, estamos en época de matanza e con este frío quérese comer un bo prato moi potente. Ao principio esa sopa de cocido e despois toda esa comida, a verdura, a pataca, os garavanzos, todo… viño, pan, sobremesa e café. Todos din que é moito comida pero cómena.

Domingo de cocido Mesón O Mosteiro / O Mosteiro

A diario que ofrece Mesón O Mosteiro?

O que xa se facía e o mesmo desde que abrimos. Dedicámonos a comidas tradicionais, cociña galega e os sabores do pobo, como a carne, temos unha carne moi boa, un pan moi bo, un viño moi bo e todo de aquí. Facemos tamén un bacallau á portuguesa cun guiso de verdura e unha base de pataca panadeira ao forno que gusta moito; churrasco, polbo, temos un polbo moi bo.

Despois dun bo verán, como se afronta o inverno?

Estamos a tentar levar un ritmo estable. No verán traballamos moito e gañamos diñeiro, fixemos todos os días de 8 da mañá ata entrada o madrugada pero se te pos a dividir esas horas o que che queda a fin de mes non che sae rendible,….pero co que sacas de aí podes aguantar no inverno, por sorte, porque agora hai menos xente e días de case ninguén. Tal e como está a luz isto é un pau moi forte tamén, cambiei o horario para o inverno porque se non non hai maneira de aforrar. De martes a xoves de 8.00 da mañá a 22.00, se hai xente podemos esperar ata as 23.00, as 00.00 ou a hora que sexa, pero como non adoita haber nada aquí pecho. Venres e sábado de 8.00 da mañá a 00.00 e o domingo de 9:00 da mañá a 22.00. Os luns abrimos de 8:00 a 12.00 ou 13:00 para dar o café á xente que vén ao concello ou ao ambulatorio para que tomen o seu café ou o que lles apeteza.

Bacallau O Mosteiro

Que é o que máis che gusta da vida en Pantón?

O que máis me gusta de vivir aquí é a tranquilidade, ti saes a calquera hora e non tes ningún problema. Baseo a vida no respecto, o respecto mutuo, aquí no pobo respecto e respéctanme, fago as cousas ben, presinto que as fago ben. Gáñome o meu posto como digo eu. Non se que pensarán do min, ao final son latino e hai racismo tamén, por ser diferentes ou por non ser de aquí. Ás veces nótoo bastante, pero hai que loitar contra iso e non abandonar, creo eu.

Sodes unha familia nova, tes 30 anos. O teu futuro velo en Pantón?

O meu futuro está aquí, teño a familia aquí, os nenos no colexio, gústanos o pobo e estamos ben,… o día de mañá si, queremos ter unha casiña e seguir aquí a vida, aquí é diferente. Aquí vas a un médico e os médicos preocúpanse moito por ti. No meu país non. Aquí os médicos dan seguridade para a familia.

Mesón O Mosteiro

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...