Homesociedade6,1M€ para novas actuacións no tramo ferroviario Monforte de Lemos -Lugo

6,1M€ para novas actuacións no tramo ferroviario Monforte de Lemos -Lugo

O BOE publica a formalización dos contratos das obras de cerramentos de protección en zonas urbanas e pasos do tramo Monforte de Lemos – Lugo (liña León – A Coruña), que contan cun investimento de 6,1 millóns de euros do Adif. Os traballos foron adxudicados á UTE integrada polas empresas Oreco Balgón e Construcións, Instalación e Tracción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, sinalou que ditas actuacións enmárcanse no conxunto de melloras planificadas polo Goberno para o corredor ferroviario Ourense – Monforte – Lugo cun investimento total de 546 millóns de euros para mellorar a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe, así como para adaptala aos parámetros de altas prestacións. Cos sistemas de protección da infraestrutura, ademais, disuádese e evítanse tránsitos indebidos polas vías.

“Unha vez máis os feitos demostran que este Goberno mantén a Lugo na súa axenda e cumpre os seus compromisos coa provincia”, destacou a subdelegada que explicou que as obras, ao longo de máis de 29.000 metros deste tramo ferroviario, consistirán na instalación de dous tipos de cerramento, en función da zona de actuación:

  • Cerramento montado sobre un bastidor, con montantes encastrados en murete de formigón armado, en 11.200 m.
  • Malla metálica progresiva ou cinexética, con reforzo para a fauna existente, nunha lonxitude de 18.000 m.

Os traballos realizaranse integramente en terreos de titularidade do Adif, polo que non será necesaria a tramitación de expropiacións, nin a reposición de servidumes ou servizos afectados.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...