IniciosociedadeSácase a licitación por urxencia a contrución da residencia da Pobra do...

Sácase a licitación por urxencia a contrución da residencia da Pobra do Brollón por 1,7M€

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación das obras para a construción da residencia da Pobra do Brollón. Un procedemento que a institución provincial saca adiante unha semana despois de aprobar a resolución do anterior contrato de obra, por incumprimento da empresa adxudicataria. A nova licitación sácase seguindo a fórmula de urxencia, “o que permitirá reducir os prazos de tramitación á metade”, segundo sinala a voceira socialistas na Deputación, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

García Porto destaca que “esta axilidade demostra, unha vez máis, o que sempre dixemos: o noso máximo compromiso cos veciños e veciñas da Pobra do Brollón e co Concello para sacar adiante o proxecto da residencia”. García Porto subliñou que en todo caso o compromiso da institución provincial en materia de residencias está “fóra de toda dúbida” porque “só no que vai de mandato abrimos 5 centros de maiores e, antes de finalizar o ano, inauguraremos outro”, multiplicando por tres o número de residencias, ao pasar das 3 que había no 2019 ás 9 que haberá no 2023. 

Lugo Termal

Outro dos asuntos destacados da Xunta de Goberno foi a adxudicación do programa Lugo Termal 2022/2023 por un importe de case 72.000€ aos tres balnearios da provincia: o Balneario e Termas de Lugo, o Hotel Balneario Río Pambre de Palas de Rei e o Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón. “A Deputación ofrece descontos nestes tres establecementos termais ós veciños e veciñas da provincia de máis de 50 anos e ós seus acompañantes, co que estamos favorecendo o benestar social e, ó mesmo tempo, promovendo o turismo de proximidade”, explicou a voceira, que avanzou que nas vindeiras semanas quedarán xa aprobadas as bases para a 12 edición do Lugo Termal coa idea de abrir “entre finais deste mes e principios de decembro o prazo para solicitar os descontos”. 

Candidatura Portomarín

Pilar García Porto aproveitou para animar á votación popular da candidatura de Portomarín como finalista do certame nacional Xuntos Brilamos Máis, unha campaña para que este municipio da provincia se converta na capital do Nadal.  

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...