HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra pecha a xornada do 28 de novembro no...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a xornada do 28 de novembro no Salón dos Mellores Viños de España

A D.O. Ribeira Sacra será protagonista do Salón dos Mellores Viños de España para pechar a xornada do luns, 28 de novembro, ás 18.30. A enóloga, María Isabel Mijares García-Pelayo, guiará unha cata comentada dunha selección de viños da Denominación que obtiveron máis de 90 puntos na edición 2023 da Guía Peñín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XXII Salón dos Mellores Viños de España celébrase en IFEMA Madrid, os días 28 e 29 de novembro. A cita dirixida exclusivamente a profesionais do sector é un referente a nivel nacional e internacional onde terán cabida todos os proxectos enolóxicos.

A D.O. Ribeira Sacra presenta a esta cata comentada unha variada representación dos viños que elabora, cantando Brancos de 2021 (un Godello e un Branco Summum), 3 Mencías de 2021, Tintos de Barrica (un de 2019 e outro de 2017) e un Merenzao de 2020. Acompañará a Mª Isabel Mijares, o Presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez.

Estas catas comentadas que organiza a D.O. Ribeira Sacra no Salón dos Mellores Viños de España contan cada ano cunha excelente aceptación, de modo que as prazas ofertadas cóbrense de inmediato e xérase unha lista de espera de persoas interesadas en achegarse aos nosos viños.

Ademais deste acto promovido desde o CRDORS, numerosas adegas da D.O. acoden á cita a título individual.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...