Os cativos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos teñen o seu propio concurso, “Conservación de la Naturaleza” promovido polo MBG ca colaboración do Liceo Casino de Pontevedra, EFA, Ence-Energía&Celulosa, SCG e o CSIC.
A temática do concurso estará directamente relacionada ca conservación da natureza e nel poderán concursar todos os centro educativos de toda España. O debuxo presentado deberá facerse nunha cartuliña de cor branco en formato A4 horizontal acompañado dunha frase explicativa. Na parte posterior do debuxo será necesario que se reflexe o nome, apelidos, idade, centro escolar e datos familiares do participantes. Posteriormente, as creacións deberanse enviar, nun sobre pechado á seguinte dirección;
Liceo Casino de Pontevedra. Concurso Escolar de Dibujo Turismo Sostenible para el Desarrollo.
C/ Manuel Quiroga, 21
36002 Pontevedra
O gañador do primeiro premio recibirá 125 euros en material de debuxo ou de libraría. O segundo clasificado recibirá 75 euros e finalmente o premio especial, recibirá o mesmo premio co cativo que reciba o primeiro.