HomesociedadeCase 3 millóns de euros en melloras de centros educativos do sur...

Case 3 millóns de euros en melloras de centros educativos do sur da provincia

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de executar obras no CEIP A Gándara, en Monforte de Lemos, por valor de 38.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o centro para comprobar o resultado da ampliación e adecuación dunha aula para o alumnado de Infantil, uns traballos que tiveron un orzamento de 19.700 euros.

Ademais da nova aula tamén acaban de ser renovadas as luminarias en varias clases deste colexio monfortino de educación Infantil e Primaria, cun investimento de 18.150 euros.

Arias destacou que o Goberno galego “proxecta pequenas actuacións segundo as necesidades de cada centro e paralelamente impulsa grandes obras ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”, como as que remataron recentemente ou están en diferentes fases de execución por importe de 2,9 millóns de euros en seis centros da Zona Sur –IES Río Cabe, IES Francisco Daviña Rey e CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos; CEIP da Pobra do Brollón; CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e CEIP Virxe do Carme de Sober

ÚLTIMAS

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...