Homesociedade'NadalPark' e Papá Noel da man do CCU de Monforte

‘NadalPark’ e Papá Noel da man do CCU de Monforte

O comercio asociado de Monforte de Lemos ofrece un parque infantil de Nadal do 22 ao 24 de decembro. Este último día tamén estará Papá Noel na Rúa Cardenal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por primeira vez en Monforte, a cativada poderá gozar do ‘NadalPark’, un parque infantil con moitas propostas de divertimento e obradoiros que se desenvolverán no pavillón do Colexio Ferroviario.

Do día 22 ao 24 de decembro os pequenos e pequenas poderán gozar de inchables, xogos populares, talleres de robótica, touro mecánico, conta contos, chocolatada e outras sorpresas que non quere desvelar a directiva do CCU de Monforte.

Inchable / XdL

A entrada ao recinto ten un prezo dun euro, que servirá de donativo para un fin social, sempre que se presenten tiques ou facturas de compra de establecementos asociados por importe de 9 euros como mínimo. Os tiques ou facturas teñen que ter data do 1 de decembro en adiante.

A entrada comentada permite entrar acompañado dun adulto e estar 4 horas no recinto..

Aqueles/as que non teñen o tique ou factura para canxear pola entrada a 1 euro deberán pagar 10 € por cativo/a.

VISITA DE PAPÁ NOEL

Santa Claus visitará Monforte o vindeiro 24 de decembro. Estará na Rúa Cardenal a carón da árbore de luces e virá acompañado dos seus renos, o trineo, os elfos e a caixa de correo para poder introducir as cartas.

Dende o CCU recomendan ir moi abrigados porque pode que haxa unha nevada importante ese día e nese lugar…

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...