HomesociedadeO Incio aproba por unanimidade o PXOM e remítello á Xunta para...

O Incio aproba por unanimidade o PXOM e remítello á Xunta para aprobación definitivia

O rexedor recorda que a revisión comezou a tramitarse hai máis dunha década para reducir o solo urbano e, en consecuencia, rebaixar as cantidades que os veciños e veciñas deben pagar en concepto de IBI.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez obtidos os informes dos correspondentes organismos, e realizadas as modificacións menores que indicaban, procedía unha terceira aprobación provisional polo Pleno, como paso previo antes de remitir de novo o PXOM á Xunta para que o Goberno autonómico poida pronunciarse sobre a aprobación definitiva do documento.

Incorporados os informes pendentes ao expediente administrativo e solucionadas as deficiencias técnicas que apareceron froito destes novos informes, informado favorablemente polo técnico municipal en data 5 de decembro  de  2022, o concello do Incio procedeu este luns a unha nova aprobación provisional para a súa posterior remisión á Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo para que resolva, se procede, sobre a aprobación definitiva.

Fase de alegacións

Durante o trámite de información pública, foron  presentadas  132 alegacións por parte de persoas interesadas, que foron resoltas  polo  Pleno  da Corporación Local en data 12 de maio de 2017, resultando aceptadas na súa integridade 61 (46.21%), parcialmente aceptadas  42  (31,82%)  e  rexeitadas  29  (21,97%).

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, amosa a súa satisfacción ante este “paso importante para a aprobación do plan. Era un dos compromisos cos veciños e veciñas facer todo o traballo preciso para ter o documento aprobado neste mandato”.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...