HomesociedadeMonforte adica 50.000€ á mellora da rúa Doutor López Suárez

Monforte adica 50.000€ á mellora da rúa Doutor López Suárez

O concello de Monforte asfalta a rúa Doutor López Suárez e desenvolve actuacións de mellora noutras catro da cidade, as rúas Echegaray, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A suma dos investimentos que o Concello destinou á renovación do firme nestas rúas foi de case 1800.000 euros (177.064,09€). “Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a licitar a contratación de obras, servizos e subministros públicos para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 7 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.

Nas obras desenvoltas nestes días, o Concello mellorou o firme desta rúa que se ubica na zona do Cuartel da Garda Civil de Monforte, que une as rúas Morín con Rosalía de Castro. Procedeuse á renovación do firme desta rúa, nunha extensión de 238 metros lineais.

Fresouse de toda a superficie da vía, ó bacheo para suprimir os afundimentos, e nestes días estase a colocar unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor. Por último, se procederá ó pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados.

O rexedor monfortino resaltou que “o traballo para mellorar o Concello non para en ningún momento en todos os seus aspectos, xa sexa no rural, no saneamento, no abastecemento, nos parques nas rúas ou no Polígono”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...