Homesociedade“Detección e identificación da violencia sexual” na Mesa de coordinación para a...

“Detección e identificación da violencia sexual” na Mesa de coordinación para a mellora de atención a vítimas de violencia de xénero

O Salón de Actos do Centro Cívico Social de Monforte acollía este 16 de decembro unha nova sesión da Mesa de coordinación para a mellora de atención a vítimas de violencia de xénero da comarca de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta mesa foi constituída no ano 2009 dende a Concellería de Muller e Igualdade a través do Centro de Información á Muller, coa finalidade de garantir, fomentar e implementar accións e formulas preventivas xunto a unha atención de calidade para as vítimas.

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen ás distintas áreas de intervención, como son os ámbitos social, educativo, sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, administración de xustiza e Colexio de Avogados de Lugo. A implicación dos profesionais de todos estes eidos é debida a que neste materia, a coordinación supón un aspecto esencial da intervención, posto que debe partirse dunha intervención global e integral, e esta só é posible coa estreita colaboración entre ditos profesionais.

Todas as reunións da Mesa de traballo inícianse cunha sesión formativa en materia de violencia de xénero, que nesta ocasión versou sobre “Detección e identificación da violencia sexual”, a cargo de Carmen Ruiz Repullo, profesora da Área de Socioloxía da Universidade de Jaén . Ao remate da formación, as persoas representantes de cada ámbito que conforman a Mesa, continuaron traballando os puntos marcados na orde do día ca finalidade última, de mellorar a atención integral que precisa a problemática da violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...