HomesociedadeAdrián, Jara e Fernando, camiño de volta á Pobra do Brollón

Adrián, Jara e Fernando, camiño de volta á Pobra do Brollón

Os tres veciños deste concello que quedaron bloqueados en Perú por mor das mobilizacións populares, en protesta pola detención do presidente Pedro Castillo, voan este luns 19 de decembro con destino a Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adrián, Jara e Fernando das Laceiras, coñecido artesán da Pobra do Brollón, chegaran a Perú como turistas. Días despois viron como o aeroporto de Arequipa foi pechado coa consecuente cancelación do voo que os tiña que levar a Lima o pasado día 14 de decembro para dende alí tomar outro avión de volta cara Madrid.

Contactamos con Adrián e contounos que dende esa data permaneron bloqueados no país latinoamericano ata onte, domingo 18 de decembro, cando puideron viaxar dende Arequipa a Lima nun avión do exército peruano. Tamén nos dixo que este luns conseguiron un voo ás 19.00 h. –horario de Perú– con destino a Madrid. Se todo vai ben chegarán ás 13:00 h. do martes 20 de decembro a Madrid, aínda que contando con posibles retrasos ao mellor poñen pés na capital do estado a media tarde. Nese momento valorarán se teñen opción de transporte para A Pobra do Brollón ou xa esperan ao día seguinte pola mañá.

Protestas no Perú. Foto cedida por Adrián.

APOIOS DO CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN E DA EMBAIXADA

Preguntámoslle a Adrián polo apoio que tiveron nesta situación dende o Concello da Pobra do Brollón e da embaixada de España. Segundo nos traslada, contactaron dende o primeiro momento co concello e este “deulles apoio en todo momento, así como información falando con consulados, embaixadas e a través de Bruxelas”.

Respecto á embaixada de España están moi descontentos. “Nosoutros levamos dende o pasado domingo chamándoos e ata onte domingo, sete días despois, non tivemos ningunha resposta nin información ao respecto”, comenta Adrián.

PREOCUPACIÓN POLA SITUACIÓN E GASTOS OCASIONADOS

Dende Xornal de Lemos preguntamos tamén se pasaron medo estes días e se contan con poder recuperar os gastos ocasionados. “Medo ningún, as manifestacións son pacíficas, o 99% está pedindo que lles deixen facer unhas eleccións democráticas”, di Adrián. Respecto dos gastos ocasionados,  están sendo costeados por eles e falaron coa compañía de seguros que lles dixo que unha vez estean aquí presentaran xustificante de todo para valorar. Falando con embaixada e compañías aéreas, comenta Adrián que “non nos deron ningunha solución, que o temos que custear e punto”.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...