Homesociedade'Mercado de Nadal' en Monforte

‘Mercado de Nadal’ en Monforte

Nesta ocasión, e por terceira fin de semana consecutiva, a iniciativa Circuítos de Artesanía e Música Galega desenvolverase os días 23 e 24 de decembro --venres e sábado-- por ser o domingo o día de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia que se celebrará na propia Praza de Abastos e na rúa do Cardenal.

O venres 23 de decembro ás 13 horas terá lugar a celebración na Praza de Abastos do espectáculo musical infantil “A Apalpadora”. Esta actuación corre a cargo de Antía, profesional do ámbito educativo e lúdico infantil, e André, compositor especializado en medios audiovisuais. A filla do Apalpador chega a Monforte para visitar aos nenos e nenas do Concello, cun cesto cheo de castañas e o seus tradicionais xoguetes de madeira. Os nenos e nenas que a coñezan terán a posibilidade de conseguir como agasallo un conto ou un cancioneiro da Apalpadora para encher de cor e natureza os seus fogares.

E pola tarde, dende as 6 horas, desenvolverase un obradoiro de pintura de bolsas de Nadal para nenos e nenas a cargo da artesá Paula Gutiérrez. As inscricións serán por orde de chegada, ata cubrir 10 prazas, tendo a posibilidade de facer dous grupos de 10 cada un, un celebraríase ás 18 h e outro ás 19 h.

Como evento destacado do venres, a xornada pechará coa actuación musical, as 8 e media da tarde, do grupo Galifunk, nun escenario ubicado na rúa do Cardenal. Este escenario, ideado especialmente polo Concello para esta ocasión, destaca pola súa beleza e polo seu fondo audiovisual onde destacan os motivos navideños.

Galifunk. Foto cedida pola organización.

O sábado 24 de decembro celebrarase, dende as 11 horas, outro obradoiro de olería tradicional para nenos e nenas coa artesá Otilia Arias. As inscricións neste obradoiro serán por orde de chegada, ata cubrir 20 prazas.Ás 12 h terá lugar unha Demostración Olería Tradicional de Gundivós, co artesán Tomás López.

E pechará o programa de actividades deste Mercado de Nadal a visita do Apalpador, que dende as 12:00 h. percorrerá as rúas do centro de Monforte e chegará ás 13:00 h. á zona dos mercados da Praza de Abastos para visitar aos praceiros, recomendar alimentación sá e dar bos consellos relacionados co ecoloxismo, o bo trato e a diversidade. Tamén, como non, contará historias do Courel, e a súa propia…

O Apalpador e os seus acompañantes na Praza España de Monforte (2020) / XMF

PRAZA DE ABASTOS

Na zona comercial do Mercado de Nadal o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns e artesás de olería, complementos, cosmética natural, madeira, bixutería, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abano de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal contará con 12 expositores.

O Mercado abrirá o venres 23 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. E o sábado 24, de 11:00 a 14:00 horas.

FINANCIAMENTO

Estas actividades encádranse no proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ó amparo dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...