HomesociedadeNos próximos días activarase en Monforte a rede móbil de nova xeración...

Nos próximos días activarase en Monforte a rede móbil de nova xeración 4G e 5G

Os operadores de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas levarán a cabo en Monforte o proceso de activación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e cunha maior área xeográfica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), “Llega700” é a entidade constituída polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. Neste senso, o alcalde, José Tomé, informa de que “se os veciños detectan algún tipo de problema na visualización das canles de TDT, poden contactar coa empresa responsable da instalación do servizo, durante os próximos 6 meses, a través do correo electrónico: ayuda@llega700.es ou do teléfono gratuíto 900 833 999”.

O despregue enmárcase no disposto no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, do que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas ós operadores de telefonía móbil para que prestasen os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados coa orografía complicada presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda é a gran penetración nas zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais móbiles con alto contido multimedia ou o uso de videochamadas, entre outros.

Ademais, a maior cobertura acadada polo despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior dos edificios e será a banda que permita estender o servizo de forma xeograficamente eficiente.

ÚLTIMAS

O entroido move visitas á Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra vén de informar que a ocupación en...

Monforte celebra o 8M cunha ampla programación e homenaxeando ás lavandeiras do Cabe

Desde o 5 de marzo e ata o día 14, o CIM desenvolverá unha...

Este venres comeza en Chantada o ciclo de conferencias “O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra”

En horario de 16 a 19h., no local do Sindicato Labrego en Chantada (Rúa...