Antes da pandemia, nos anos 2018 e 2019, Chantada contra o cancro xa organizara talleres para abandonar esta adicción e tiveran moi boa acollida. Este ano decidiron organizalo de novo e xa recibiron as primeiras inscricións.
O curso iniciarase o próximo luns, 16 de xaneiro, tendo lugar tódolos luns en dous horarios distintos de mañá e tarde (con posibilidade de ser modificados segundo as persoas que se anoten) durante oito semanas consecutivas. Terá lugar no local da asociación situado no parque Eloísa Rivadulla de Chantada.
A psicóloga, Laura Sánchez, será a que impartirá este curso a través de sesións dunha hora para grupos reducidos nas que as e os participantes coñecerán as técnicas para deixar de fumar e xestionarán as emocións negativas e as barreiras que xorden no proceso do abandono do tabaco. O teléfono para apuntarse é o 641 45 27 42.
