HomesociedadeAiras Moniz e Lugar da Veiga candidatas aos Premios Aresa

Airas Moniz e Lugar da Veiga candidatas aos Premios Aresa

As empresas chantadinas compiten con outras 15 candidaturas na XXIII edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela, rexistrou un total de dezasete candidatos a conseguir o galardón deste ano, no que se celebra a súa vixésima terceira edición.

O premio está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito. O xurado valorará as candidaturas presentadas e o 31 de xaneiro darase a coñecer a gañadora de entre as seguintes:

  1. A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo, de Lugo, que ofrece servizos veterinarios para gando ovino e caprino.
  2. A empresa familiar Savelo, de Carballo e centrada na fabricación de produtos químicos.
  3. CampoLab, un laboratorio multidisciplinar integrado por veterinarios, agrónomos, químicos con sede en Outeiro de Rei.
  4. A Agrupación Apícola de Galicia, unha entidade participada por diversas asociacións de apicultores de diversas localidades de Galicia.
  5. La Abuela Delfina, empresa localizada en Triacastela que centra a súa actividade na elaboración de embutidos artesanos.
  6. A queixería chantadina de vacas de pastoreo Airas Moniz.
  7. Lugar da Veiga, outra empresa tamén asentada en Chantada que é propietaria das Galletas Mariñeiras Daveiga.
  8. A agrupación de cooperativas e produtoras agroalimentarias da comarca de Lugo Son de Lugo.
  9. A empresa ribadense centrada na comercialización e transformación de produtos vexetais, Muiñeiras de Requiande.
  10. A gandeiría en ecolóxico Traloagro.
  11. A comunidade de montes veciñais en man común de Couso, do municipio pontevedrés de Gondomar.
  12. A asociación ecogastronómica Slow Food Compostela.
  13. A granxa de insectos Galinsect, unha startup pontevedresa especializada na cría e comercialización de insectos vivos.
  14. A firma luguesa Dos Dog, que fabrica produtos de alimentación para animais de compañía.
  15. A cooperativa de pequenos criadores de Porco Celta, Tres Fuciños, con sede no concello de Castro de Rei.
  16. A estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa promovida polo profesor da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo, Pablo Sánchez Quinteiro.
  17. A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda.
Queixo azul de Airas Moniz. Foto: Airas Moniz

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...