HomesociedadeAsí loce Vieiros, cuberta de neve, pero xa con luz

Así loce Vieiros, cuberta de neve, pero xa con luz

Esta aldea de Quiroga, no Courel, en pleno temporal de neve sufriu o corte dunha estrada por mor dun desprendemento de terras e estivo sen luz unhas 24 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aldea de Vieiros, na que viven dúas familias con nenas/os, foi noticia estes días pola chegada da neve pero tamén porque o temporal deixounos sen luz e un desprendemento de terra cortou a estrada DP-50-01. Tal foi a magnitude do mesmo que ademais de atrancar a estrada arrastrou o vehículo dunha das familias do lugar ata o río Selmo. Os feitos aconteceron o luns 16 de xaneiro.

Actualmente viven dúas familias con nenos/as e unha delas, ao verse afectada a súa propia vivenda no desprendemento, tivo que baixar a Quiroga e aloxarse na casa duns amigos provisionalmente.

A outra familia permanece en Vieiros, co coche no río, rodeados de neve pero, por sorte, xa coa estrada accesible e con luz dende o mércores 18 de xaneiro. Preguntado a este veciño comenta que por sorte xa se restableceu o subministro de luz e que este mesmo mércores pasaron pola tarde as máquinas quitaneves.

DESPRENDEMENTO DE TERRA

O desprendemento foi de grandes dimensións tapando totalmente a estrada DP-50-01 de pedras, terra e árbores que arrastrou ao seu paso. Tal foi a violencia do mesmo que guindou o vehículo que estaba estacionado nunha das beiras bastantes metros abaixo ata o río.

O vehículo que foi parar ao río arrastrado polo derrube. Foto: ‘A Casa das Tecedeiras’

Como queira que a Deputación de Lugo ten a titularidade desta vía, o servizo de mantemento fixo os traballos de limpeza pertinentes para desbloquear o paso da estrada dirección Seoane, xa no Concello de Folgoso do Courel. Onte, mércores 18, estaba xa expedita para o paso de vehículos. Agora queda por resolver quen se fai cargo dos danos e prexuízos causados tendo en conta que o sinistro afectou a unha propiedade privada –a un muro de contención próximo a unha vivenda e quizais aos alicerces da mesma–, a un vehículo e a terreos que quedaron enterrados polo propio desprendemento.

Desprendemento de terras en Vieiros. Foto: ‘A Casa das Tecedeiras’.
Así quedou a estrada tras o desprendemento de terra. Foto: ‘A Casa das Tecedeiras’.

ÚLTIMAS

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...