HomeDeportes3.543.220€ para a reforma "espectacular" do Polideportivo Municipal da Pinguela

3.543.220€ para a reforma “espectacular” do Polideportivo Municipal da Pinguela

"Con este investimento vaise conseguir maior comodidade da gradaría, melloras nos aseos e vestiarios, amplíanse as zonas de almacén e de despachos, mellórase en accesibilidade e seguridade, pero sobre todo, auméntase considerablemente o aforo do pavillón, permitindo que se realicen nel competicións ó mais alto nivel”, destacou o alcalde, José Tomé, na presentación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou este venres pola tarde a reforma integral do Polideportivo Municipal de A Pinguela, “As condicións obsoletas das instalacións municipais requirían unha reforma integral que vai dar servizo ós mais de 40 clubs e Asociacións Deportivas presentes no municipio e ós demais veciños monfortinos que van a desfrutar dunhas instalacións modernas, cómodas e moi amplas.”

Tal e como explicou o rexedor, “practicamente estamos a falar trátase dun novo polideportivo dado que solo se vai conservar o pavimento de xogo, parte da estrutura  e todo o demais, vaise a facer de novo” engadiu o Alcalde que “será novo por dentro e por fora xa que se vai a recubrir dunha capa envolvente que lle proporcionará un acabado espectacular”

Na planta baixa vanse reordenar os espazos, para crear un novo ximnasio, unha zoa de almacén e ampliar a actual zoa de despachos. Ademais a escaleira vai a ser substituída  por unha nova que libere espazo na zona de recepción. Na planta superior, que é onde se centra o mais importante da reforma, vaise aumentar o número de gradas para conseguir un aforo acorde ó alto nivel das competicións disputadas, de tal modo que a grada que hai na actualidade amplíase con catro filas máis de gradas, dúas na parte superior e outras dúas na parte inferior e deixando espazos para prazas de persoas con mobilidade reducida. Vanse crear tres gradas máis, tanto no lado oeste, como nas dúas cabeceiras, voando cara ó exterior para mellorar a visibilidade dentro do pavillón e que lle vai conferir unha nova imaxe actual e atractiva. Unha vez remata a obra contarse con 1.198 localidades, máis do dobre que actualmente.

Proxecto reforma Polideportivo Municipal da Pinguela / concello de Monforte

A seguinte modificación afecta á sede de oficinas e locais que se amplía en 85 m2 máis e dótase dun novo espazo para ximnasio que actualmente non hai para que os clubs completen a súa preparación e que terá unha superficie de 131m2. Renovaranse totalmente os vestiarios, contando con 6 espazos , incluíndo un específico para persoas con mobilidade reducida. Tamén se fará de novo o teito e illado para humidades e temperatura. Unha das partidas mais importantes de toda a reforma correspóndese co epígrafe de climatización.

En canto ó resultado exterior trala reforma, José Tomé explicou que a fachada actual e os novos volumes, vanse revestir a base de SATE cun zócalo pétreo ata a altura das ventás e tamén explicou o resultado final do acceso ó pavillón que se marcará mediante un pórche para relacionalo coa piscina anexa. Por outra banda, as zoas redondeadas que completan a fachada, aportaranlle modernidade e actualidade á imaxe do edificio.

Orzamento

O orzamento destinado para a reforma do pavillón de A Pinguela ascende a 3.543.220,97€. As partidas que supoñen unha maior inversión son as destinadas á climatización (510.603,76 €), pechamentos e revestimentos (498.300,05€), estruturas (492.148,20 €). A financiación será compartida pola Consellería Superior de Deportes e polo Concello a un 50%. 

Segundo afirma o Alcalde “vaise a presentar no próximo Pleno unha modificación do orzamento e a autorización para unha operación de crédito pola totalidade da inversión, mentres nos se resolva a subvención, para axilizar o comezo da reforma. Preténdese licitar de forma inmediata para poder comezar as obras no mes de abril e rematar en setembro coa intención de telo para a próxima temporada”

Proxecto reforma Polideportivo Municipal da Pinguela / concello de Monforte

ÚLTIMAS

Publícanse as axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra

As persoas que se poderán beneficiar destas axudas serán aquelas viticulturas que estean inscritas...

Éxito do Voleibol e do Atletismo Cross, novidades nas Escolas Deportivas Municipais de Chantada

Nesta edición destaca o éxito de dúas actividades para nenos e nenas, o Voleibol...

O PP de Monforte interesarase no pleno pola “legalización” do Parque do Hospital

Ante esta situación, a voceira popular en Monforte, Katy Varela, explica que no vindeiro...

José Luis Álvarez sobre o 2025: “Teremos finalizada a residencia e teremos un novo centro médico a 50 metros do actual”

O Concello de Pantón remata o ano cunha bandeira colgada do balcón da Casa...