Homesociedade"Cambiar o modelo de viticultura da Ribeira Sacra, queremos iso?”, José Manuel...

“Cambiar o modelo de viticultura da Ribeira Sacra, queremos iso?”, José Manuel Rodríguez despídese da presidencia da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra está inmerso nun proceso electoral que culminará o 19 de febreiro coa celebración das eleccións. Este venres quen viña exercendo como Presidente desde os seus inicios, xa como Viños da Terra no 1993, José Manuel Rodríguez González, ofrecía unha rolda de prensa para anunciar que non se presenta en ningunha lista e polo tanto a súa despedida como Presidente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Manuel Rodríguez ofrecía a rolda de prensa rodeado de documentación que avala a legalidade e transparencia do seu traballo, sobre todo nos últimos tempos en que unha parte do sector o ten acusado de non cumprir as normas e non ter convocado plenos do Consello Regulador, “Deixo de ser presidente e de min dixéronse un montón de cousas que son mentira. Presento unha resolución que avala o que dixen, pasados os 4 anos de mandato estabamos en periodo de prórrogas, e así non se podían convocar plenos (de moción de censura)”, asegura José Manuel Rodríguez. “Sempre fixen todo o traballo dentro da legalidade e houbo outra xente que non estivo dentro da legalidade, pregúntenlle a eles porque non fixeron o que tiñan que facer e refírome tamén á AGACAL e á súa Consellería.”

“Agora hai unhas eleccións e hai unhas listas, nesas listas hai uns señores que falaron isto, incumpriron isto e fixeron estas propostas, baixar o grao, baixar os controis. Hai xente nestas listas que apoia que todo o Val de Lemos sexa unha viña e que se saquen os viñedos das ribeiras e se pasen para os llanos,… que expliquen eles porque queren estas cousas. Agora vai haber unhas eleccións, cada un que explique as súas posturas, pero claramente, poñendo as cousas enriba da mesa e aproveitar para clarificar posturas en lugar de contar milongas”, afirma Rodríguez.

José Manuel Rodríguez fai este anuncio agora “porque me xubilo e de min dixéronse verdadeiras barbaridades. Ata agora era Presidente dun Consello e tiña que manter a calma e a tranquilidade cando outros non facían o que tiñan que facer.”

“Quédame a satisfacción do deber cumprido, fun un máis dos que traballou para que a Ribeira Sacra sexa o que é”

Ata o momento hai dúas candidaturas oficialmente presentadas neste proceso electoral e José Manuel Rodríguez de 66 anos non aparece en ningunha, atrás quedan 3 décadas adicadas ao viño e a este territorio, “Quédame a satisfacción do deber cumplido. Dixen que traería o barco a porto e fíxeno.  Un traballa para facer as cousas da mellor maneira e os resultados están aí, son bos, que como todas as cousas son matizables, valorables, pois si, pero a realidade é que saimos de cero e hoxe estamos nun territorio cun nome, cunha dimensión internacional e todo isto se se plantexa hai 30 anos soaba a cousas de tolos. Hoxe existe porque se fixo un traballón para que isto sexa así. Só fun un máis dos que traballou nisto, un participante de que isto sexa o que é.”

José Manuel Rodríguez asegura que a nova presidencia dirixirá o futuro da D.O., desexa que se, “traballe honradamente polo territorio, sen ideoloxías nin cousas preconcebidas para seguir adaptándoa á realidade que vivimos, non hai nada máis que traballo e traballo. Cambiar o modelo de viticultura da Ribeira Sacra, queremos iso?” Aquí pódese acceder ao vídeo da rolda de prensa.

Ribeira Sacra/EP

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...