IniciosociedadeTaboada contará con conexión a internet de alta velocidade en case todo...

Taboada contará con conexión a internet de alta velocidade en case todo o territorio

Isabel Rodríguez trasladouse esta mañá ata o Concello de Taboada para supervisar, xunto ao alcalde, Ramiro Moure, os investimentos do Goberno no municipio e coñecer as súas demandas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno comprobou o resultado do proxecto de mellora e modernización do alumeado público exterior en 5 parroquias do municipio de Taboada. A iluminación destas parroquias contou cunha achega económica de 92.000 euros por parte do Estado, concedida dentro do Programa DUS5000, xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, destinado a financiar proxectos en municipios do reto demográfico, é dicir, cunha poboación de ata 5.000 habitantes. En concreto, instaláronse un total de 221 luminarias nas parroquias de Cerceda, en Santa Mariña; Couto, en San Martiño; Meixonfrío, en Santa María; Taboada dos Freires, en Santa María; e Arxiz, en San Paio.

“Grazas á axuda do Goberno os veciños e veciñas destes núcleos rurais do Concello de Taboada contan cun alumeado LED, máis sostible, respectuoso co medio ambiente e que supón un aforro económico para as arcas municipais”, explicou a subdelegada que destacou que este tipo de proxectos avanzan no proceso de transición enerxética e na transformación das vilas de xeito responsable.

O obxectivo do DUS5000 do Goberno é dar un impulso ao desenvolvemento urbano sostible mediante actuacións que constitúan proxectos singulares de enerxía limpa por exemplo proxectos de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas, de fomento dos investimentos verdes e, en particular, do autoconsumo, así como de mobilidade sostible.

Dixitalización co Plan ÚNICO Banda Ancha

Xunto coa transición enerxética, a subdelegada avanzou a presenza de Taboada na última convocatoria de dixitalización do territorio que leva a cabo o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través do Programa ÚNICO Banda Ancha. “Con fondos do Plan de Recuperación, Taboada contará con conexión a internet de alta velocidade en practicamente todo o territorio”, confirmou Isabel Rodríguez.

Así, Taboada está incluído nos proxectos estatais de dotación de internet superior a 300mb a zonas do municipio sen cobertura. En concreto, o Programa ÚNICO permitirá a conexión de alta velocidade de 411 puntos nos que se localizan 1.301 vivendas e empresas de Taboada. “É un antes e un despois para os veciños e veciñas que viven na localidade, así como para as empresas da zona” subliñou a subdelegada que puxo en valor este programa “co que imos chegar a todos os recunchos da provincia porque o consideramos un servizo fundamental para loitar contra o despoboamento e asentar nova poboación nos municipios lucenses”.

Entre as dúas convocatorias do Plan ÚNICO, o Goberno inviste na provincia de Lugo 22,5 millóns de euros para levar a tecnoloxía de conexión de alta velocidade a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.

Isabel Rodríguez visita Taboada / Subdelegación do Goberno

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...