HomesociedadeMonforte solicita mellorar as comunicacións por autobús co HULA e os Campus...

Monforte solicita mellorar as comunicacións por autobús co HULA e os Campus Universitarios

O concello de Monforte solicita á Xunta rutas de transporte de autobús que aseguren as comunicación con Lugo , Santiago e Ourense garantindo aos usuarios estudar, traballar e facer as súas xestións.

Publicado o

- Advertisement -

Desde o concello de Monforte solicitan que haxa servizo de autobús con saídas da cidade de do Cabe ao redor das 7.00 da mañá e retorno en horarios axeitados para recoller, sobre todo, aos estudantes dos Campus Universitarios nas fins de semana e vésperas de festivos.

Tamén lle preocupa ao goberno local a conexión co Hospital Lucus Augusti e solicitan unha liña directa a primeira hora da mañá e outra cara o mediodía para garantir o regreso dos pacientes.

As peticións do concello de Monforte trasladáronse ao Grupo Consultor Tema, que xestiona o servizo de transporte no ámbito autonómico.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...