HomesociedadeTriacastela repite paseos con Guido Guía en ‘Triacastela Xacobea’

Triacastela repite paseos con Guido Guía en ‘Triacastela Xacobea’

O Concello de Triacastela e a Xunta de Galicia a través do Camiño Xacobeo repetirán este ano ante o seu grande éxito a experiencia dos paseos guiados co guía lucense Guido Guía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 100 persoas de diferentes nacionalidades formaron parte do primeiro ciclo, unha gran oportunidade para descubrir e redescubrir as riquezas da localidade, gozar da natureza e de coñecer xente. De feito, os catro paseos do ano pasado brindaron aos participantes a oportunidade de mesturar xente local e da provincia con visitantes de fóra, convertendo as andainas nunha experiencia heteroxénea e de intercambio cultura

Baixo o nome de ‘Triacastela Xacobea’ vanse ofertar de novo catro saídas diferentes para os meses de xullo, agosto, setembro e outubro completamente gratuítas e para todos os públicos.

En concreto, os paseos terán lugar os días 22 de xullo, 17 de agosto, 23 de setembro e 28 de outubro. Visitaranse algúns dos lugares do primeiro ciclo, como a capela de San Mamede, os miradoiros, o Camiño Francés, o núcleo urbano e tamén haberá novidades e alternativas.

Esta iniciativa correrá a cargo de Guido Guía, guía oficial de Turismo de Galicia especializado na nosa provincia e que vén de acadar distintos premios nos últimos anos polo seu proxecto turístico e a súa traxectoria profesional. A hora de inicio dos paseos será ás once da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. A dificultade dos paseos será media e media-baixa.

Para inscribirse nestes paseos hai que enviar un correo electrónico a guidoguiaturismo@gmail.com e confirmar a asistencia. A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, convida a participar de novo nesta experiencia que permitirá profundar no coñecemento do municipio e descubrir unha contorna en plena natureza chea de reclamos e sorpresas.

Guido / Concello de Triacastela

ÚLTIMAS

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...

Festival solidario cos afectados pola Dana este 13 de decembro no pavillón do IES Río Cabe de Monforte

Este evento parte da iniciativa do alumnado do IES Río Cabe para crear unha...