HomesociedadeO concello de Sarria estrea web co dominio sarria.gal

O concello de Sarria estrea web co dominio sarria.gal

O novo sitio web mellora a usabilidade e a estética, concede máis protagonismo á información de actualidade e seguirá incorporando novos contidos nas vindeiras semanas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de estrear unha nova páxina web co dominio sarria.gal, cunha estética máis moderna e atractiva e con notables melloras na usabilidade e na experiencia de navegación para os/as usuarios/as.

O novo sitio web, que outorga máis protagonismo á información de actualidade e aos eventos, conta cun menú principal de navegación con cinco apartados: Concello, Cidadanía, Sede Electrónica, Turismo, que enlaza coa web de turismo estreada o ano pasado, sarriaturismo.com, e Contacto.

Ademais, nas vindeiras semanas seguirá incorporando novos contidos. A web tamén inclúe na páxina de inicio un apartado de Directorio Telefónico cos números de teléfono, as extensións e os correos electrónicos para contactar directamente con todos os departamentos e servizos municipais.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...