HomesociedadeQuiroga pon en marcha un plan de mantemento da vila

Quiroga pon en marcha un plan de mantemento da vila

O Concello de Quiroga acomete un Plan de Mantemento da Vila de Quiroga. A Xefatura de Estradas da Xunta de Galicia está pintando estes días as estradas que son da súa competencia na vila quiroguesa, a rúa Real, a travesía do Toucedo e a travesía da Ribeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co inicio deste pintado iníciase o plan de mantemento da vila quiroguesa no que se realizará unha limpeza en profundidade das beirarrúas da zona central da vila, na que se investirán preto de 20.000 euros e tamén a mellora dos elementos urbanos que están en mal estado. A mellora dos elementos urbanos levarase a cabo nas rúa Caurel, Tallos, Pereiro, Campo da Feira e Ánxel Fole. Tamén se inclúen o parque da Igrexa, o parque da praza España, a praza Maior e os xardíns da rúa Rosalía de Castro.

Ademais, os GES do concello están levando a cabo o pintado da sinalización horizontal das beirarrúas.

Os traballos de mellora consistirán basicamente en limpeza e pintado de papeleiras e xardineiras ou a substitución das que se atopen máis deterioradas, limpeza de bancos de formigón e pintado dos de madeira, pintado e substitución de cristais nas farois e retirada de bancos ou mobiliario que entorpecen a circulación polas beirarrúas para situalos noutros lugares, como sería o caso da rúa Real á altura da gasolineira.

Tamén se contempla a mellora da iluminación da fachada da casa consistorial, iluminación para o parque infantil da praza de España, substitución da sinalización da rúa Real que o precise e a colocación dun tramo de beirarrúa na rúa Campo da Feira. Para a realización deste Plan de Mantemento da Vila de Quiroga, que se levará a cabo nun prazo de dous meses, o concello conta cun orzamento de 48.300 €. Desde o concello aseguran que estes traballos deberían estar rematados a principios do mes de abril, coincidindo coa celebración da XL Feira do Viño de Quiroga.

Quiroga mellora viaria / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...