HomesociedadeAxuda!! pide a veciñanza de Paderne, en Folgoso do Courel, despois dun...

Axuda!! pide a veciñanza de Paderne, en Folgoso do Courel, despois dun mes co camiño de entrada inaccesible

Os veciños/as de Paderne en Folgoso do Courel, presentaron unha reclamación ó Concello e á Deputación de Lugo "xa que uns escúdanse noutros e levamos 1 mes co camiño principal da aldea inaccesible". Dito camiño é o único polo que pode pasar unha ambulancia en caso de emerxencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras recoller firmas e enviar ás dúas administracións, seguen sen noticias de quen e cando se vai solucionar a situación. Sinalan que se trata dun camiño do Concello, “polo que segundo o Art. 26 da  Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local marca que O Concello ten o deber de librar o camiño e obrigación de conservar e mantelo en bo estado”

“Agora ben, tamen cremos que a Deputación ten o deber de facer algo, xa que a barronca foi polo derrube nun muro de contención da Estrada LU–P-5601, ó seu paso pola citada aldea, entendemos que a Deputación debe ser a encargada de facer un novo muro, seguro e con garantías para que non volva a caer. Xa que fai uns anos, volveuse a derrumbar na mesma zona.” Polo que esixen un muro e condicións para que  non volva a caer nesa zona e se aproveite para deixar o camiño municipal con máis anchura.  

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...