HomesociedadeRoteiro polo val do río Carabelos, o 26 de febreiro

Roteiro polo val do río Carabelos, o 26 de febreiro

O vindeiro domingo, 26 de febreiro, ás 10 h, Segredos de Pantón organiza un roteiro polas parroquias de San Martiño de Pantón e San Romao de Moreda. A asociación ten en marcha tamén unha campaña de inscrición de socios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No roteiro polo val do río Carabelos, decubrirase a contorna coñecendo unha antiga mina, unha casa grande, un castro e moitas máis cousas. O enlace do percorrido pódese consultar aquí. Cóntase con 30 prazas previa inscrición a un prezo de 2 euros/persoa.

A asociación Segredos de Pantón ten en marcha tamén unha campaña de inscrición de socios. Tódalas persoas que queiran anotarse teñen que completar este formulario. Tamén mandando o seu nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com ou 662 669 223.

A cuota anual de socix é de 15 euros. As persoas asociadas teñen prioridade para reservar prazas nas actividades que se organizan e un desconto do 50% nas mesmas.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...