HomesociedadeDaniel Camino de Arzúa gaña o concurso de carteis da Feira do...

Daniel Camino de Arzúa gaña o concurso de carteis da Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober falla o concurso do cartel que anunciará a XLIII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Daniel, natural de Arzúa e residente en Monforte de Lemos, foi o gañador do certame, no que este ano participaron preto de 30 persoas con orixinais chegados desde diferentes puntos do Estado.

Daniel Camino é deseñador gráfico e proximamente abrirá un estudo en Monforte. Gañou en dúas ocasións o certame de carteis da Feira do Queixo de Arzúa e foi finalista noutros concursos, como o dos San Fermíns de Pamplona, o do Festival de Cine de San Sebastián ou o concurso de Terras Gauda.

O deseño que anunciará a Feira do Viño de Amandi será presentado oficialmente xunto aos restos arqueolóxicos do hórreo romano de Proendos o sábado, 4 de Marzo, ás 12:00 de mediodía, data na que se dará a coñecer a programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLIII Feira do viño de Amandi. Este ano por vez primeira a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde.

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...