IniciosociedadeMonforte viviu un ‘Desfile de Comparsas’ como nos mellores tempos

Monforte viviu un ‘Desfile de Comparsas’ como nos mellores tempos

A cidade do Cabe celebrou este pasado martes, 21 de febreiro, o seu tradicional desfile de carrozas e comparsas. A gran participación e a calidade das creacións, xunto coa numerosa presenza de público, lembraron anos prepandémicos que situaban ao pasarrúas entroideiro monfortino como un dos mellores do sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de 28 comparsas e uns 1000 participantes encheron as rúas de Monforte polas que transcorre o tradicional ‘Desfile de Comparsas’ dende a Estación de Ferrocarril ata a Compañía, e iso que non se presentou a máis numerosa que tiña que vir de Sarria. Correspondía á APA Colexio Asunción, sumaba 200 compoñentes e anotouse baixo o título “Os 90’s”. Segundo soubemos, ao estar chovendo en Sarria decidiron abortar a súa viaxe a Monforte. A presenza de público foi tamén moi destacada e a ameaza de choiva quedou niso, en ameaza, permitindo que o espectáculo non deslucira en ningún momento.

As comparsas máis numerosas en participantes foron moi vistosas e houbo creacións moi simpáticas e retranqueiras con alusións, por exemplo, aos asfaltados da Deputación de Lugo –Brigada Provincial–, á escapada do Rei Emérito a Abu Dhabi –Volando Voy de Xograres de Lemos– ou a vinganza amorosa de Shakira a Piqué –O Pique de Shakira de Cereixa–.

Brigada provincial / XdL

A gran triunfadora da tarde foi a carroza “Volando voy” de Xograres de Lemos con tres premios: o primeiro ás mellores carrozas, o segundo como comparsa de entre 51 e 90 compoñentes, e o premio á mellor posta en escena. Con dous galardóns destacouse tamén o bo facer de “Aquelarre” do Club Quicela de ximnasia rítmica: primeiro premio á comparsa entre 51 e 90 compoñentes e accésit na categoría de carrozas; “Os bichos de Lemos” do barrio de Cobas cun terceiro premio en carrozas e outro primeiro na categoría de comparsas entre 25 e 50 compoñentes; “Os alimentos polas nubes”, da ANPA A Lagoa CEIP Monforte, cun segundo premio en comparsas de máis de 90 compoñentes e un accésit no apartado de carrozas; outro clásico que non falla cada ano é o barrio de Carude, que nesta ocasión competía coa proposta “CARude” levando o premio ao mellor humor e un segundo na categoría de comparsas entre 25 e 50 compoñentes; “Okupas en la Luna”, da Asociación Prodeme, con dous recoñecementos, terceiro premio como comparsa entre 51 e 90 compoñentes e accésit no apartado de carrozas; “De Canarias a Monforte”, da rúa Corredoira, quedaron segundos no apartado de carrozas e levaron un primeiro compartido en comparsas de 25 a 50 compoñentes; e para rematar, mencionar a comparsa que participaba baixo o título de “Brigada provincial” polo seu premio á crítica de actualidade e o accésit na categoría de individual adulto.

‘Volando voy’ (Xograres de Lemos) / XdL
Akelarre (Club Quicela de ximnasia rítmica) / XdL
CARude / XdL

A gran triunfadora da tarde foi a carroza “Volando voy” de Xograres de Lemos con tres premios

OUTROS PARTICIPANTES E PREMIOS RECIBIDOS

“Disco IDEA junior” premio individual infantil; “Disco IDEA”, segundo en individual adulto; “Dragoncita Carnavalera”, terceiro en individual adulto; “Aladín y la princesa Jasmine”, primeiro en individual adulto; “Os xinetes de Capitán Manu” accésit en individual adulto; “Paveras”, primeiro en comparsas de 4 a 24 compoñentes compartindo recoñecemento con “Muñecas de cuerda”; “Invasión de ourizos cachos na Gándara”, da ANPA A Gándara, levaron un primeiro compartido en comparsas entre 51 e 90 compoñentes; “Escolapios en Venecia”, do Colexio PP Escolapios, segundo compartido en comparsas de máis de 90 compoñentes, e para rematar “Ya llegó el carnaval”, do Colexio Torre de Lemos, e “¡Qué frío!”, do Colexio Ferroviario, primeiros –compartido– en comparsas de máis de 90.

‘Invasión de ourizos cachos na Gándara’ (ANPA A Gándara) / XdL
‘Escolapios en Venecia’ (PP Escolapios) / XdL
¡Qué frío! (Colexio Escolapios) / XdL
‘Okupas en la Luna’ (Prodeme) / XdL

PARTICIPANTES DE FÓRA DE MONFORTE

Nesta edición do Desfile de Entroido houbo 8 propostas que chegaron de fóra. Concretamente, as comparsas forasteiras presentes este ano viñan de Sanxenxo, A Coruña, O Incio, Sarria, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Sistín do Mato.

De Sanxenxo viñeron “As lendas da música” obtendo un segundo premio na categoría de comparsas de fóra de 4 a 24 compoñentes; “O Pique de Shakira”, chegados de Cereixa, na Pobra do Brollón, cun primeiro premio na categoría antes sinalada. “A pavonearse por Sober” levou o primeiro premio a comparsas foráneas de máis de 25 compoñentes.

‘A pavonearse por Sober’ / XdL

Na categoría de comparsas de fóra de 1 a 3 compoñentes o terceiro premio foi para “Encantado con su serpiente”, de Sistín do Mato; o segundo para “Payaseando” do Saviñao; e o primeiro para a simpática “Motollalla” do Incio. Sen premio quedaron “OS 90’s” da APA Colexio Asunción de Sarria –non presentada– e “O Espantallo” da Coruña.

‘Motollala’ (O Incio) / XdL

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...