Carlos Sobera, tres anos despois do previsto, será o responsable de dar o pregón da Feira do Viño de Quiroga o día 8 de abril na súa XLI edición.
Nacido en Baracaldo (Vizcaya) é un recoñecido presentador de televisión, pero ademais é actor, showman, e empresario teatral. A súa vida laboral tamén está unida á docencia, tendo exercido este labor como profesor de publicidade na Universidade do País Vasco, e ten no seu haber a licenciatura en dereito pola Universidade de Deusto.
PRESENTADOR
O seu amplo curriculum acolle máis de 40 concursos e reality shows como presentador, moitos deles tan coñecidos como El precio justo, Supervivientes, La isla de las tentaciones, Pesadilla en el Paraiso, First Dates, Atrapa un Millón ou Quiere ser Millonario?. Por estes dous últimos foi premiado como o mellor presentador co TP de Ouro. Tamén acadou o Premio Zapping e o premio Sexta Avenida ao mellor comunicador.
ACTOR, GUIONISTA E ESCRITOR
Participou en 11 series de tv como Al salir de clase, Ana y los siete ou Quítate tu pa ponerme yo. Como actor de teatro participou en 10 obras: Viva el Duque, nuestro dueño!, La guerra de los Rose, Asesinos Todos, Miles Gloriosus ou Tres en Raya, obra, na que ademais de actuar, dirixiu. En cine poidémolo ver en películas como Rigor Mortis, Hasta aquí hemos llegado!, Pacto de brujas, El forastero, El lápiz del carpintero ou Bendita calamidad. Foi guionista en Boulevard, La familia mudanza (concurso emitido na TVG) ou El Día D, onde tamén exerceu como director.
Sobera atreveuse incluso como escritor co libro: Los mil errores más comunes del lenguaje.
O polifacético artista, din dende fontes do concello, “non só estará o sábado en Quiroga para exercer de pregoeiro se non que ten pensado pasar tres días no noso municipio, coñecendo a comarca e tamén visitando a Ribeira Sacra”.