HomesociedadePechada ao tráfico desde este martes a estrada provincial que conecta Chantada...

Pechada ao tráfico desde este martes a estrada provincial que conecta Chantada cos Peares

A obras de reparación da estrada provincial LU-P-1801 que está facendo a Deputación de Lugo nesta vía que conecta Chantada cos Peares obrigan a cortar o tráfico a partir de mañá, martes, entre os puntos quilométricos 24 e 27.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O traballos que a institución provincial está executando para reparar os danos ocasionados polo temporal en dúas estradas da súa titularidade terán un investimento que supera os 670.000€.

O proxecto inclúe o arranxo de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Chantada e Carballedo. Son a LU-P-1801, de Chantada ós Peares por Nogueira, e a LU-P-1010, que vai cara a presa dos Peares, no termo municipal de Carballedo, que se reparará no punto quilométrico 3,6.

No caso da LU-P-1801, a vía esta afectada por varios desprendementos de terras e rochas, polo que será necesario retiralas para poder asegurar a parede con micropilotes e instalar un muro de suxeición. No caso da LU-P-1010, tamén está afectada por un corremento de terras, polo que se retirará o material que obstrúe a vía e procederase a asegurar cun muro.

A previsión é que, se as condicións meteorolóxicas son favorables, o corte se restableza aos 15 días. En todo caso, para unha correcta execución dos traballos poderanse realizar novos cortes, en función do que o propio desenvolvemento do proxecto demande.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...