HomesociedadeIntensa actividade do CIM de Chantada para dedicar marzo á muller

Intensa actividade do CIM de Chantada para dedicar marzo á muller

O vindeiro 8 de marzo, nunha semana, celébrase o Día da Muller. Para esa xornada o CIM de Chantada organiza diversos actos, pero a actividade amplíase a todo o mes con charlas, contactos e outras propostas. :

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira cita será este venres, 3 de marzo, cunha Mesa coloquio de “Mulleres Emprendedoras de Chantada”. Terá lugar ás 20:15 h. no Auditorio Municipal, nun acto aberto e gratuíto para todo o público. Moderadas pola historiadora, Tamara González, case unha decena de mulleres falaran da súa experiencia na construción, turismo, saúde, comunicación, gandería, moda, artes, estética ou enoloxía.

Contarase tamén con propostas encamiñadas aos máis novos/as da casa. O 4 de marzo ás 12.00 na Biblioteca Pública Municipal de Chantada haberá Contacontos pola Igualdade: “E ti, que queres ser de maior?”. 12:00 h. Estas citas cos contos seguirán o día 25 de marzo no mesmo horario e lugar con, “En clave de muller”. E o 17 de marzo levarase aos colexios de Chantada, “Contos vellos, novos finais”.

O mércores 8 de marzo como vén sendo habitual nos últimos anos lerase un manifesto na praza do Cantón ás 13:00 h., onde desde as 12.00 haberá Acrobacias de Muller.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...