HomesociedadeBanda ancha e luminarias de baixo consumo para o municipio de Ribas...

Banda ancha e luminarias de baixo consumo para o municipio de Ribas de Sil

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, confirmou hoxe no Concello de Ribas de Sil a pegada do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno nos municipios pequenos da provincia de Lugo. "Impulsamos o desenvolvemento de proxectos encamiñados na transformación verde e dixital das nosas vilas, sobre todo no rural, como sucede con Ribas de Sil, co principal obxectivo de mellorar os servizos básicos e a calidade de vida da veciñanza", sinala Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez desprazouse este mércores a Ribas de Sil para supervisar co alcalde, Miguel Ángel Sotuela, as principais iniciativas que financia o Goberno de España no municipio e, ao mesmo tempo, coñecer as súas demandas e necesidades. Coñeceu o resultado deste proxecto que consistiu na renovación e mellora do 70% do sistema de alumeado público exterior de todo o municipio, que contou cunha axuda de máis de 190.000 euros do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e unha achega de 50.000 euros por parte do Concello. Grazas a esta colaboración, instaláronse 746 luminarias de baixo consumo en todas as aldeas do municipio. A intervención tamén contemplou a substitución de báculos, canalizacións, cadros de protección e máis de 6.600 metros de cable.

Estes fondos tradúcense nun aforro de máis do 45% no consumo de enerxía eléctrica, o que supón unha rebaixa de emisións de máis de 21 toneladas de CO2 ao ano e 10.000 euros máis para as arcas municipais. Nesta liña, a subdelegada destacou que este tipo de medidas están orientadas a favorecer o paso a unha economía baixa en carbono, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e enerxético dos municipios da provincia.

Xunto coa transición enerxética, a subdelegada valorou a presenza de Ribas de Sil nas dúas convocatorias do Programa UNICO para a dixitalización de todo o territorio. En Ribas de Sil, o Programa UNICO permitirá a conexión de máis de 100mb a case 100 zonas da vila sen cobertura. “Polo tanto, máis de 1.300 fogares e empresas de Ribas de Sil contarán cun servizo fundamental no día a día, garantindo a igualdade de oportunidades entre os habitantes dos nosos pobos”.

Neste senso, Isabel Rodríguez informou que o Goberno aprobou o UNICO Demanda Rural, unha nova liña do programa que se dirixe ademais de garantir que esa conectividade sexa de 100mb o sexa a unhas tarifas asumibles, para que os habitantes destas zonas poidan contratar servizos de banda ancha a 35 euros ao mes. O plan contempla tamén a subvención do 100% dos custos asociados á alta destas subscricións ata un máximo de 600 euros por cliente.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...