HomesociedadeArrinca o mes do Amandi no hórreo romano de Proendos

Arrinca o mes do Amandi no hórreo romano de Proendos

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presentou este sábado no hórreo romano de Proendos a programación da XLIII Feira do Viño de Amandi, as actividades que forman parte do Mes do Amandi e o cartel anunciador do evento, cuxo autor é o deseñador gráfico Daniel Camino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano o convidado de honra é o Concello de Quiroga, nunha feira que por vez primeira vai comezar o venres 31 de marzo e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos. Para a presente edición están inscritas 23 adegas da subzona de Amandi.

Tras este primeiro acto no hórreo romano de Proendos, o martes 7 de marzo o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober acollerá o Obradoiro para o alumnado de Decoración de Globos para a confección dun panel ‘8M’ xigante.

O mércores 8 de marzo ás 18:30 horas no Restaurante Berso terá lugar a Cata de viños monovarietais de variedades autóctonas dirixida por David Pascual, presidente da Asociación Galega de Enólogos. Será necesaria a inscrición previa no Concello de Sober. Organiza: Vinosacra.

O mesmo día desenvolveranse varias actividades relacionadas co 8M, como a colocación do decorado de globos no balcón da Casa Consistorial, a presentación en redes sociais do Proxecto de Igualdade do Concello de Sober para 2023 e unha recompilación tamén nas redes oficiais do Proxecto de 2022 “Inmarcesibles”.

O venres 10 de marzo ás 17:30 horas haberá unha charla da arquitecta Técnica Lucía Rodríguez nas Merendas con Contos. Mentres que ás 19:30 horas farase a presentación no Centro Sociocultural de ‘A riqueza arqueolóxica de Sober. Resultados das últimas escavacións en Proendos’ a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido.

O venres 17 de marzo ás 17:30 horas os participantes nas Merendas con Contos visitarán os viñedos de Viticultores do Amandi. Ás 19:30 horas no Centro Sociocultural farase a presentación do libro ‘Aproveitamento do mineral de ferro de Freixo’ organizado pola Libraría da Proencia.

O martes 21 de marzo ás 12:00 horas na Escola de Hostalería de Rosende terá lugar o concerto ‘A cultura musical do noso viño’, música de raíz da Fundación Legar. O mércores 22 de marzo ás 12:00 horas no CEIP Plurilingüe Virxe Carme haberá un ‘Taller de Iniciación a análise sensorial’ organizado por Vinosacra. O xoves 23 de marzo de 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende haberá unha Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con Pataca de Galicia. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e IXP Pataca de Galicia.

O sábado 25 de marzo ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Virxe do Carme terá lugar a presentación da nova tempada de Barantes Sport, organizada por Barantes Sport. O domingo 26 de marzo ás 19:30 horas no Centro Sociocultural de Sober terá lugar o Recital de Piano a cargo de  Laura Ballestrino organizado polas Xuventudes Musicais de Sober. O martes 28 de marzo de 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober levarase a cabo o ‘3º Concurso de sumillers’ organizado pola Escola de Hostalería de Rosende.

Outras actividades

Do 15 de marzo o 15 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XLIII Feira do Viño de Amandi.

Do 6 ao 14 de marzo a exposición itinerante Inmarcesibles estará no Concello de Bóveda e do 20 ao 31 de marzo no IES Río Cabe de Monforte.

Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2022, un premio para viños brancos da anada de 2022, un premio para viños rosados da anada 2022 e un premio para viños envellecidos en barrica.

XLIII Feira do Viño de Amandi presentación / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...