HomesociedadeCortada ao tráfico por obras desde este día 6 a estrada provincial...

Cortada ao tráfico por obras desde este día 6 a estrada provincial de San Clodio ao límite con Ourense

A Deputación de Lugo comeza este luns, 6 de marzo, as obras de reconstrución da estrada provincial LU-P-5303, de San Clodio ao límite provincial de Ourense por Torbeo, á altura de Ribas de Sil, unha vía que resultou parcialmente afundida por unha rotura do terraplén no punto quilométrico 2,350.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Destínanse 86.600€ para a construción dun muro para soster a plataforma da estrada e evitar novos desprendementos.

Para acometer estas obras, a vía permanecerá cortada ao tráfico a partir do vindeiro luns e durante un prazo estimado dun mes e medio no treito que vai dende o inicio da estrada ao punto quilométrico 3.

Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias poidan tomar desvíos alternativos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...