HomesociedadeA Asociación AGORA celebra 30 anos traballando pola integración das persoas con...

A Asociación AGORA celebra 30 anos traballando pola integración das persoas con discapacidade

Despois de 30 anos coa mesma imaxe corporativa, a Asociación de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos (AGORA) presenta a súa nova imaxe que inclúe unha nova identidade visual e unha estrea do portal web no que presenta os servizos que oferta a entidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Decidimos cambiar de imaxe por unha máis actual, na que a persoa con discapacidade pasa de ser unha persoa estática a unha persoa máis dinámica e activa que interactúa con outras e demanda ser unha parte activa da sociedade, pero sen deixar de esquecer o nome co que naceu e os obxectivos e a misión para que naceu”,  explica o presidente de AGORA, Manuel Barreiro Conde. Esta imaxe renovada é froito da colaboración con César Piñeiro Álvarez, deseñador gráfico de profesión e responsable da empresa Konclass Web Studio.

A presentación da nova marca coincide co trinta aniversario da entidade, un dos motivos polos que se animou a modificar a súa imaxe. Pero esta non é a única novidade que presenta. A  entidade, que conta con preto de cen persoas asociadas, e ten un ámbito de actuación comarcal lanza a súa páxina web www.asociacionagora.gal, un portal no que presenta os diferentes servizos e programas que a asociación ten en marcha, como a fisioterapia, psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional, transporte adaptado, residencia, información e asesoramento, obradoiros prelaborais e voluntariado.

O novo portal xa está operativo na rede Internet e, ao ter a característica de usabilidade, permite que se poida navegar por ela de xeito doado para as persoas que entran nela e desexan interactuar, por ser sinxela, intuitiva e agradable á vista. Ademais pode ser visible dende calquera dispositivo con conexión a Internet como ordenador, tablet ou dispostivo móbil. Na mesma pódense atopar as diferentes actividades que realiza a entidade así como información de interese ou  información de como  poder colaborar coa entidade.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...