HomesociedadeCSIF esixe ao SERGAS roupa de abrigo para o persoal de PACs...

CSIF esixe ao SERGAS roupa de abrigo para o persoal de PACs e Centros de Saúde

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) pide explicacións ao SERGAS do motivo polo que excluíu a persoal de admisión dos PACs e de cita previa dos Centros de Saúde da dotación de roupa de abrigo para desenvolver a súa actividade, "tal e como facía antigamente e continúa facendo noutras categorías profesionais," sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CSIF lamenta que as medidas que se estiveron publicitando para paliar os continuos recortes en Atención Primaria non inclúan a dotación deste tipo de pezas, imprescindibles para colectivos como os PSX, celadores ou auxiliares que en moitos casos teñen que saír ao exterior para axudar a algún paciente cando a situación requíreo.

Segundo datos desta Central Sindical, este persoal –que antingamente dispoñía de forros polares fornecidos pola Administración- “está a comprar roupa de abrigo co seu salario, mentres compañeiros doutras categorías si seguen recibindo equipamento do SERGAS, o que supón un claro agravio comparativo”.

O sindicato lembra que este tipo de indumentaria está recollida nas disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización de equipos de protección.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...