HomesociedadeO comercio de Sarria ten en marcha "Este 19 de marzo fai...

O comercio de Sarria ten en marcha “Este 19 de marzo fai sorrir a papá”

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria, ACES- CCU leva a cabo desde este día 6 e ata o día do pai (19 de marzo) unha campaña coa colaboración da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano o comercio de Sarria quere celebrar o Día do Pai facéndoos protagonistas coa camapaña, ¡Este 19 de marzo, fai sorrir a papá!. Ata o 19 de marzo as compras nos establecementos asociados dan a oportunidade de premiar a un pai cun regalo especial e diferente. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os datos dun papá (que pode ser seu pai, el mesmo, un avó, un tío, …).  

O xoves día 23 de marzo, procederase ao sorteo e coñecerase o papá premiado que gozará dunha sesión fotográfica en familia nun estudio fotográfico profesional e que se levará de recordo un álbum con varias fotos da sesión. 

“¡Mercar para o pai no comercio asociado ten premio!. Ponse en xogo un premio diferente que nunca antes se había ofertado dende a Asociación”, sinalan desde a organización.  Trátase da terceira campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria neste ano, na que se procura dar valor ao comercio local da vila, dinamizando un comercio de calidade-proximidade-atención. 

ÚLTIMAS

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...