O CRAEGA e a D.O. Ribeira Sacra constituiron este mércores en Monforte os seus novos órganos de goberno

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu esta mañá a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra e do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

Pleno C.R.D.O.R.S. constitución / Consellería do Medio Rural

O novo pleno do C.R.D.O.R.S. quedou conformado por 12 vogalías, 4 por candidatura única e 8 por pactos electorais. As 4 primeiras corresponden a Viticultores e Adegueiros da Ribeira Sacra, mentres que as 8 restantes foron para Viticultores non comerciais e Viticultores e Adegueiros da Ribeira Sacra.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma, Antonio Lombardía Crespo. No tocante á vicepresidencia primeira, será asumida por Héctor Ferreiro Abelairas, do sector produtor; mentres que a vicepresidencia segunda será asumida por César Enríquez González, de Adega Cachín SC, como representante do sector industrial.

Pola súa banda o novo pleno do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia quedou conformado por 6 vogalías froito de pactos electorais para o Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e a Asociación Agraria de Galicia. As 7 vogalías restantes, todas por candidatura única, foron para a Asociación Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Francisco López Valladares, quen repite no cargo. No tocante á vicepresidencia do sector industrial, repite no cargo Rocío Freire Rodríguez, de Alibós Galicia; mentres que a vicepresidencia do sector produtor será para Mónica Brey Baltar.

CRAEGA pleno / Consellería do Medio Rural

Ao longo do día quedaron tamén constituídos os novos consellos reguladores da D.O. Monterrei e da IXP Pataca de Galicia. Nesta semana constituiranse os consellos reguladores das IXPs Carnes de Vacún de Galicia, así como as denominacións de orixe Rías Baixas e Valdeorras.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here