HomesociedadeNova directiva no Círculo Saviñao

Nova directiva no Círculo Saviñao

Saíu elixida tras a Asemblea Xeral Ordinaria do pasado 5 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 5 de marzo ás 18:00 h. tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria do Círculo Saviñao no seu local de Escairón cunha orde do día na que se fixo balance de actividades do 2022. Aprobouse o orzamento para este ano, presentáronse as propostas de nova Xunta Directiva e rematouse coa quenda de rogos e preguntas.

No que respecta á memoria anual de actividades deuse conta do numerosas e variadas que foron, contando con presentacións literarias, recitais poéticos, exposicións, actuacións musicais, teatro, e ata festas e proxeccións cinematográficas.

A nova Xunta Directiva quedou como segue: Enrique Sampil, presidente; José Armesto Vázquez será o vicepresidente, Ana Otero Gómez, secretaria; Beatriz García López, vicesecretaria; Antonio Jesús Gallardo, tesoureiro; Fernando Parro, contador; e Mariano López Nieves e Pedro Guitián pechan como vocais.

ÚLTIMAS

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

Segundo os socialistas, esta subida de impostos "é consecuencia directa do incumprimento da regra...

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...