HomesociedadeO Incio informa á veciñanza sobre o novo Plan Xeral de Ordenación...

O Incio informa á veciñanza sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

O pasado 6 de marzo, a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou a orde que aproba de forma definitiva o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello do Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos preparatorios de elaboración deste PXOM que se acaba de aprobar comenzaron no ano 2010 co obxectivo principal de reducir superficie no ámbito do solo de núcleo rural e cambiar así o carácter de moitos terreos que no Catastro tiñan a consideración de solo urbano e que agora pasan a ser solo rústico.

Este novo Plan conleva unha modificación importante das dimensións dos núcleos rurais e co ánimo de explicar á veciñanza a situación destes terreos e outros aspectos do novo planeamento, celebraranse reunións informativas coa presenza do técnico municipal, desde as 12:00 ata as 14:00, nos lugares e datas seguintes:

  • 22 de marzo, na Cruz do Incio, no local multiusos do Concello.
  • 29 de marzo, no Val do Mao, Santo Eufrasio, no local social.
  • 5 de abril, en Vilademouros, no local social.


ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...