HomesociedadeMércores de reclamacións polo servizo de Rehabilitación do Hospital de Monforte

Mércores de reclamacións polo servizo de Rehabilitación do Hospital de Monforte

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte (PLADESAPU) segue coa súa campaña para axudar aos usuarios do Servizo de Rehabilitación do hospital a poñer as reclamacións que cosideren pola situación do servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Padesapu asegura que hai pacientes que si están a recibir rehabilitación, “outros moitos seguen a esperar que os chamen, gastando recursos en acudir á sanidade privada. Son tratamentos protocolizados, polo que calquera tipo de problema que poida xurdir durante a recuperación, ou incluso a valoración da mesma, non é avaliada por ningún profesional médico.”

Todos os mércores de 17 a 18h, na aula 1 da UNED na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, varios membros da plataforma axudan a usuarios que así o soliciten, a facer unha reclamación en relación a este servizo, ou a resolver calquera outra dúbida que poidan ter.

Quen queira acudir deberá levar os seus datos ou os da persoa afectada que queira poñer a reclamación en caso de non poder ir en persoa, ademáis da factura, se están a acudir a rehabilitación pola súa conta.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...