HomesociedadeA reparación da estrada provincial que une Chantada cos Peares obriga a...

A reparación da estrada provincial que une Chantada cos Peares obriga a cortar o tráfico esta fin de semana

A obras de reparación da estrada provincial LU-P-1801 que está facendo a Deputación de Lugo nesta vía que conecta Chantada cos Peares obrigan a cortar o tráfico dende este venres, 17 de marzo, ata o domingo, 19 de marzo no punto quilométrico 7,8. Uns traballos que a institución provincial está executando para reparar os danos ocasionados polo temporal en dúas estradas da súa titularidade cun investimento que supera os 670.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este corte está motivado pola realización dun estudo xeotécnico. O proxecto inclúe o arranxo de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Chantada e Carballedo. Son a LU-P-1801, de Chantada ós Peares por Nogueira, e a LU-P-1010, que vai cara a presa dos Peares, no termo municipal de Carballedo, que se reparará no punto quilométrico 3,6.

No caso da LU-P-1801, a vía esta afectada por varios desprendementos de terras e rochas, polo que será necesario retiralas para poder asegurar a parede con micropilotes e instalar un muro de suxeición. No caso da LU-P-1010, tamén está afectada por un corremento de terras, polo que se retirará o material que obstrúe a vía e procederase a asegurar cun muro.

A Deputación de Lugo considera que para unha correcta execución dos traballos poderanse realizar novos cortes, en función do que o propio desenvolvemento do proxecto demande.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...