HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra participa en Prowein con 60 viños

A D.O. Ribeira Sacra participa en Prowein con 60 viños

A D.O. Ribeira Sacra regresa por sexta ocasión á Feira de Düsseldorf que se celebra do 19 ao 21 de marzo, despois de estrearse nesta cita en 2016. Faino a través do ICEX no pavillón de España (número 11, caseta L30).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con máis de 25 anos de traxectoria, ProWein ofrece numerosas oportunidades de negocio, que a fan feira internacional líder de viños e bebidas espirituosas. Convértese así nunha cita excelente para promocionar e dar a coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados. A D.O. Ribeira Sacra presenta nesta edición 60 viños, 13 viños brancos e 47 tintos, ambos de diferentes anadas e variedades, pertencentes ás seguintes adegas:

  • Adega Ponte da Boga S.L.
  • Adega Vella Xeracións S.L.
  • Adega Saíñas C.B.
  • Bodegas Petrón S.L.
  • Bodegas Rectoral de Amandi SAU
  • Don Bernardino S.L.
  • EDV 2015 S.L.U.
  • Finca Míllara Bodegas y Viñedos
  • Grupo Peago S.L.
  • Moure Fernández, Rubén
  • Pazo de la Cuesta S.L.U.
  • Regina Viarum S.L.
  • Régoa C.B.
  • Rodríguez López, Víctor Manuel
  • Ronsel do Sil S.L.
  • Spanish Wine by Carlos Rodríguez
  • Terrazas de Outeiro S.L.
  • Tolo do Xisto S.L.
  • Viñas de Belesar S.L.U.

Toda a información da D.O. Ribeira Sacra en Prowein e o folleto coa lista de viños participantes pode consultarse na web https://ribeirasacra.org/proximas-actividades-promocion/es    

Mentres tanto a D.O. Ribeira Sacra está inmersa na celebración das Feiras do Viño e despois de comezar con Chantada a pasada fin de semana, para os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril celébrase a Feira do Viño de Amandi, en Sober.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...