HomesociedadePLADESAPU denuncia a implantación do sistema SIGAP/XIDE no centro de saúde de...

PLADESAPU denuncia a implantación do sistema SIGAP/XIDE no centro de saúde de Monforte

Éste é un sistema de citación e clasificación realizado polo persoal administrativo que asigna o profesional sanitario correspondente ó paciente, "o que obriga a dar datos persoais vulnerando o dereito a intimidade dos usuarios", sinalan desde Pladesapu.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lamentan desde a Plataforma que se implantase o sistema SIGAP/XIDE no centro de Saúde de Monforte “sen previo aviso e sen formación específica máis que un escaso manual de uso.” Aseguran que este proceso “provoca unha sobrecarga nas funcións deste persoal, ademáis da incomodidade do paciente pola perda de intimidade e confidencialidade, o aumento das colas e desorganización nos postos de citación, e a sensación de intrusismo dos PSX en competencias que normalmente pertencen a profesionais sanitarias, xa que non deixa de ser unha forma de priorizar os doentes segundo a súa enfermidade, algo para o cal non teñen formación.

Segundo Pladesapu a única forma de evitar este proceso é a citación a través da aplicación no E- Saúde, “pero nunha poboación tan envellecida como a nosa, esa opción é pouco viable, provocando deste xeito o malestar e incluso protestas que van dirixidas sempre cara os profesionais que están en primeira liña, sendo eles uns dos maiores perxudicados por esta implantación”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...