HomesociedadeMonforte mellorará 13 rúas despois da Semana Santa cun investimento de 300.000€

Monforte mellorará 13 rúas despois da Semana Santa cun investimento de 300.000€

O alcalde de Monforte, José Tomé, vén de presentar once novos proxectos que comezarán a executarse despois de Semana Santa e que suporán a mellora de 13 rúas da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por unha banda nas rúas Curros Enríquez, Pontevedra, Caneiro e Ribeira mellorarase o firme e pintaranse as marcas viais, de símbolos e cebreados. Ademais na Rúa Caneiro farase un recalce das tapas de rexistro na calzada con dado de Formigón, para nivelar a rasante e colocar novas rexillas para a captación de pluviais. Faríase renovación completa do pavimento nun total de 852 metros lineais (297m na Rúa Curros Enríquez, 328 m. nas Rúas Pontevedra e Ribeira e 227 m. na Rúa Caneiro) cun orzamento de 118.800€, dos que 37.706,45€ corresponden á Rúa Curros Enríquez, 39.929,93€ á Rúa Caneiro e a diferencia, 41.164,11€ ás outras dúas rúas mencionadas.

Nas rúas Fontecha, Tomás Vázquez e o camiño lateral ao Museo do Ferrocarril tamén se renovará o firme fresando os entronques iniciais e finais das vías mencionadas previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. Nas Rúas Tomás Vázquez e Fontecha procederase ao pintado de marcas viais incluídos símbolos e cebreados con pintura reflexiva e microesferas de vidrio. Actuarase nun total de 673 metros lineais. (105m na Rúa Tomás Vázquez, 201 m. na Rúa Fontecha e 367 m. no camiño lateral ao Museo do Ferrocarril) e cun orzamento de 59.672,3 € repartidos do modo seguinte: 13.699,42 € para a Rúa Tomás Vázquez, 22.140,99€ para a Rúa Fontecha e 23.831,89 € para o lateral do Museo do Ferrocarril.

Nas rúas Santiago e Incio ademais do fresado nos entronques iniciais e finais da vía previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente, hai que proceder á apertura da caixa e rechear con zahorra compactada. Renovarase o pavimento nun total de 550 metros lineais. (210m na Rúa Incio e 340 na Rúa Santiago) cun orzamento de 65.499,86 € dos que 28.584,45€ serían da Rúa Incio e a diferencia, 36.915,41€ serían da Rúa Santiago.

Nas rúas Travesía e Veiga RÚA TRAVESÍA A VEIGA renovarase tamén o firme cunha intervención en 131m lineais e un ozamento de 10.852,90 €. Nas rúas Irmandiños e Mato interrvirase en 273 m lineais concretamente 183m na Rúa Irmandiños e 90 m na Rúa Mato, cun orzamento de 16.071,63 €

Na Tavesía Malecón e A Peña vaise colocar un novo pavimento de formigón semipulido, unha beirarrúa de bordillo de formigón e baldosas de cemento nun dos laterais e do outro lado, vanse crear 3 plazas de aparcamento e rematarase a acera de pedra que hai na actualidade. Por último, pintaranse as marcas viais. Actuarase en 45 m de lonxitude cun orzamento de 26.903,45 €

O rexedor concretou que as obras vanse a contratar xusto despois de Semana Santa e anunciou ademáis que “próximamente tamén se iniciarán actuacións no Barrio do Casar e nalgunha pista rural que debido á extracción de madeira con camións pesados deterioráronse e bacheáronse, por iso, queremos rexeneralas o antes posible. Isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...