HomesociedadeSarria leva a pleno a solicitude de desafectación das vivendas dos mestres...

Sarria leva a pleno a solicitude de desafectación das vivendas dos mestres do Frei Luis de Granada

O concello de Sarria levará ao vindeiro pleno ordinario o expediente da solicitude de desafectación das antigas vivendas dos mestres do CEIP Frei Luis de Granada, posto que a remisión dun acordo plenario aprobando dita petición é un dos puntos requeridos pola Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades para avanzar coa tramitación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido lembra que o inicio do expediente de solicitude da desafectación xa fora aprobado pola Xunta de Goberno Local -a proposta da propia Alcaldía- no mes de xullo de 2021 e que, posteriormente, xa en marzo de 2022 a citada consellería requeriu o envío de diversa documentación, entre a que se atopa un certificado co acordo plenario.

O rexedor local amósase “sorprendido polas xestións realizadas directamente por algunha representante da ANPA coa Deputación de Lugo, posto que na reunión celebrada en xaneiro polo Consello Escolar do centro foi a representante do goberno local, a concelleira de Educación, María Eugenia Valcárcel, quen propuxo retomar o expediente da desafectación.

Dito acordo foi aprobado por unanimidade, así como o de elaborar unha Inspección Técnica do Edificio (ITE) nun prazo de 15 días tras a desafectación, “non permitir a ocupación ilegal das vivendas e ter en conta a opinión da comunidade educativa do Frei Luis de Granada á hora da presentación de proxectos, así como á hora de decidir cal deles levar a cabo”.

Claudio Garrido subliña que “ese compromiso segue en pé”, pero matiza que “ata que se realice a ITE non se saberá o estado real da estrutura do inmoble, a súa viabilidade técnica e económica e se procede a súa rehabilitación ou demolición”.

Por outra banda, Claudio Garrido estima que “mentres non se aprobe a desafectación, a responsabilidade sobre esas vivendas corresponde á Xunta de Galicia” e resaltou que o Concello de Sarria “está a cumprir coas súas obrigas de mantemento e limpeza do centro. Incluso se están a asumir competencias impropias, como a reforma efectuada no colexio hai un par de anos, cando o goberno local asumiu o custo dun informe encargado a Enmacosa para que se incorporaran ao proxecto de reforma as recomendacións de dito informe, axudando a solucionar problemas graves”.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...